Warning: Undefined array key 0 in /var/www/tgoop/function.php on line 65

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/tgoop/function.php on line 65
1872 - Telegram Web
Telegram Web
🔥 O Concello de Rianxo informa á veciñanza das normas e recomendacións para a realización de fogueiras na noite de San Xoán.

☎️ Cada fogueira terá unha persoa responsable que deixará os seus datos de contacto no servizo de información do concello ou chamando ao 981 860 075.

#ConcellodeRianxo
Do 30 de xuño ao 2 de xullo decorrerá o XIX Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo. Un evento que cumpre as dezanove edicións ininterrompidas desde 2004 organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo onde teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea na práctica instrumental da zanfona nas últimas dúas décadas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/19-encontro-internacional-zona-da-zanfona
O Servizo de Deportes presenta a oferta de actividades deportivas para o verán 2023: actividades municipais, dos clubs deportivos e da piscina municipal. Toda a información e inscricións na ligazón.
https://concelloderianxo.gal/deportes/2022-23
O Pleno para o sorteo das mesas Electorais para as Eleccións Xerais do 23 de xullo está convocado para as 08.30 h do martes 27 de xuño. Será emitido en directo pola nosa canle de Youtube.
https://www.youtube.com/@concelloderianxo2584
Festas na honra da Virxe do Carme de Rianxo, do xoves 13 ao domingo 16 de xullo. Máis información nas redes sociais da entidade: https://www.facebook.com/virxe.docarme
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festas-na-honra-da-virxe-do-carme-de-rianxo
Festas de Taragoña, do xoves 20 ao domingo 23 de xullo. Máis información nas redes sociais da entidade: https://www.facebook.com/Festas-de-Tarago%C3%B1a-106072622281566
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festas-de-taragona
Festas do Araño, do 04 ao 06 de agosto. Máis información nas redes sociais da entidade: https://www.facebook.com/festas.doarano
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festas-do-arano
XIX Festival de música e baile tradicional Fogo Fatuo, Organizado pola Asociación Fogo Fatuo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, o domingo 9 de xullo ás 20.30 horas na Praza de Rafael Dieste (Rianxo)

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xix-festival-de-musica-e-baile-tradicional-fogo-fatuo
O xoves 29 de xuño, na Capela de San Xosé da Foresta (Rianxiño), Conmemoración da chegada da Virxe da Guadalupe a Rianxiño no día de San Pedro do 1773. A partir das 19.30 horas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/conmemoracion-da-chegada-da-virxe-da-guadalupe-a-rianxino-no-dia-de-san-pedro-do-1773
Festival de Verán da Escola de Música de Rianxo, en dúas sesións o venres 30 de xuño e o sábado 01 de xullo no Campo de Arriba

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-veran-da-escola-de-musica-de-rianxo-2
Avance da programación do Verán Cultural 2023. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/veran-cultural-2023-xullo
Toda a información do Rianxo Gaming Experience do vindeiro 8 de xullo podes seguila no seu propio perfil do Instagram @rianxogaming https://www.instagram.com/rianxogaming/
Programa, actividades e anuncios de última hora, así como as ligazóns ás retransmisións en directo por streaming dos principais eventos.
Convocouse a sesión organizativa do Pleno da Corporación para o xoves 13 de xullo ás 20.00 h na Casa do Concello https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-10-2023-organizativa-do-pleno-da-corporacion-do-13-de-xullo
📱 O Concello de Rianxo quere escoitar aos veciños e veciñas, sentilos máis preto e darlles voz. Con ese obxectivo lanza unha liña directa de comunicación entre a veciñanza e o Concello de Rianxo.

A través do número 607 77 46 33 a cidadanía poderá facer chegar mensaxes (Whatssapp ou Telegram) con indicación de incidencias e queixas, a finalidade principal do servizo, así como suxestións e consultas aos membros do Goberno municipal.

ℹ️ A través desta liña non se atenderán chamadas telefónicas, dado que unicamente se empregará para a prestación do servizo sinalado. Para chamar ao Concello de Rianxo, así como a calquera dos seus departamentos, cómpre dirixirse aos teléfonos que se recollen no directorio que aparece na páxina web municipal.
2025/05/23 20:18:08
Back to Top
HTML Embed Code: